Bilurico estende a súa marca polo Mediterráneo a pesar do confinamento

CAMBADOS> A firma cambadesa Bilurico Ready to drink estende a súa marca a pesar do confinamento. O acordo acadado cunha empresa murciana permitirá a venda dos seus tés e infusións ecolóxicas na zona do Levante.

A parálise provocada polo coronavirus non impide que algunhas empresan expandan a súa marca. É o caso de Bilurico Ready to drink, a empresa cambadesa valeuse das novas tecnoloxías para seguir co seu crecemento. A través da rede profesional de Linkedin foi contactando con profesionais do sector para buscar novas alianzas profesionais, o resultado finalmente é un acordoa coa empresa murciana Jump34 para a distribución dos tés ecolóxicos no levante español.

A empresa está aproveitando este momento de parón para analizar as súas estratexias de presente e de futuro.

A maior parte dos seus clientes están pechados e os que non limitan as súas compras pola falta de vendas. Por iso piden axudas reais ao goberno para superar esta situación.

A expansión de Bilurico serve como exemplo para demostra que nos peores momentos tamén se pode avanzar e crecer. A súa oferta composta por dous tés e unha infusión esta agora dispoñible nas máquinas expendedoras, ximnasios, tendas ecolóxicas, hoteis e restaurantes de once comunidades autónomas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí