Canal Rías Baixas reforza a súa cobertura cun novo repetidor de TDT

    TDT_100.jpgSALNÉS> Atópase no Monte Castrove (Meis), e en breve sumarase outro en Monte Serres (Muros) ampliando a cobertura a Carnota, Fisterra ou Mazaricos.

    Hai dous anos que Canal Rías Baixas puxo en funcionamento o primeiro repetidor de TDT para estender a cobertura do sinal dixital de televisión a tódalas comarcas das Rías Baixas. Agora seguimos reforzando a nosa cobertura coa instalación dun novo repetidor no monte Castrove, en Meis. Deste xeito a nosa canle mellora a calidade na recepción do sinal en zonas do Salnés como Barrantes, Sisán, Vilariño, Armenteira, San Vicente de Nogueira, Mosteiro ou Baión.

    Ademais en breve, completaremos a nosa rede de repetidores coa instalación dun novo dispositivo en Monte Serres, Muros. Emitirá pola canle 27. Con el reforzaremos a cobertura nalgunhas parroquias de Muros e Porto do Son á vez abrimos a nosa sintonización a concellos como Carnota, Fisterra ou Mazaricos. Con estas nova incorporacións, Canal Rías Baixas sitúase xa como a televisión local galega con máis repetidores de TDT instalados, cubrindo o 95 por cento da poboación das comarcas do Salnés, Caldas, Barbanza e O Sar.

    Redacción Salnés