A Xunta leva a cabo distintas melloras no CODI e no centro de día de Valga

VALGA>  A Xunta destina 134.000 euros á mellora do Centro Ocupacional de Discapacidade e do centro de día para persoas maiores de Valga. Ademais das obras que se fixeron nestes dous espazos, o goberno galego tamén concedeu unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional. Este conxunto de melloras son o resultado dos convenios de colaboración asinados entre o concello e o goberno galego ao longo de 2024.

A Xunta investiu 134.000 euros en Valga na mellora do CODI, o Centro Ocupacional de Discapacidade, e do centro de día do municipio. Os fondos para estas actuacións proveñen dos convenios de colaboración asinados ao longo de 2024 entre a Xunta e o concello.

Ademais das melloras nestas dúas infraestruturas, concedeuse tamén unha achega para a compra dun vehículo adaptado para o centro ocupacional.

O alcalde tamén pon en valor as melloras acometidas tanto neste centro de día como no CODI. No caso dese centro ocupacional, onde se habilitou un espazo para distintos obradoiros.

Esta mañá, durante a visita do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a estas instalacións, o alcalde aproveitou para trasladarlle novas necesidades aínda pendentes en materia de benestar. Algo ao que tamén se sumaron algúns destes maiores hoxe.