Morre unha veciña de Padrón ó caer dende un cuarto piso en Portonovo

    04.04.07_precipitadaenportonovo_040407.jpgSANXENXO > A muller, que olvidara as chaves dentro da casa, caeu ó tentar entrar dende o piso dun veciño polo patio de luces.

    A veciña de Padrón R. S. C., de 48 anos de idade morreu este mediodía ó precipitarse dende a cuarta planta do edificio situado no número 18 da Rúa Independencia de Portonovo, onde, ó parecer, se atopaba desfrutando duns días de vacacións.

    A muller, natural de Rianxo, olvidara as chaves da súa vivenda e tentaba acceder a ela polo patio de luces dende o balcón do piso contiguo ó seu. Ata o lugar do suceso, que se produciu pouco antes das 3 da tarde, desprazouse a Policía Local de Sanxenxo, a Garda Civil, e o Servizo de Xestión de Emerxencias, ademais do 061 e o forense do Xulgado de Garda de Cambados.

    Ás 16.45 horas procedeuse ó levantamento do cadáver. A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, manifestou a súa consternación ‘por este terrible suceso que podería haberse solucionado sen unha consecuencia tan lamentable’. A rexedora municipal aproveitou a ocasión para trasmitirlle o seu cariño e apoio á familia e amigos da falecida.

    Redacción Salnés