NOIA> As lapas afectaron practicamente a totalidade da maquinaria e o material almacenado na nave do estadio de fútbol de San Lázaro.
{flowplayer}barbanza/incendioalmacennoia.flv{/flowplayer}
Nos exteriores da nave esta mañá aínda eran visibles os danos provocados polo incendio, o que evidencia a virulencia que chegou a acadar o lume. A súa orixe puido deberse con toda probabilidade a un cortocircuito. A existencia de diversa maquinaria e roupa da propia brigada de obras municipal, así como madeira, pintura e outros materiais altamente inflamables axudaron á rápida propagación das lapas que complicaron os labores de extinción do lume.
Compra material
A consecuencia do incendio a brigada de obras quedouse sen ferramentas e mesmo indumentaria, circunstancia que obrigou ó propio concello a ter que adquirir novo material para que os traballadores municipais puideran afrontar as diferentes actuacións.
Redacción Barbanza