Os mariscadores salvan o inicio da campaña a pesar do mal tempo

campananoia_100_100209.jpgNOIA> Esta semana retomouse a actividade extractiva nos bancos marisqueiros da Confraría de Noia con boas capturas pero prezos máis baixos.

{flowplayer}barbanza/campananoia.flv{/flowplayer}

Os mariscadores de a confraría de Noia-Outes voltaron ao traballo, logo dun mes de descanso, medida que dende hai anos levan a cabo dende a dirección do pósito para impedir a baixa de prezos tras o Nadal.

O mal tempo rexistrado o luns condicionou o reinicio da campaña, dado que tan só a metade dos mariscadores a flote puideron acudir a faenar. Malia todo, recolléronse máis de oito toneladas e media de bivalvo, sete de berberecho e mil setecentas de ameixa.

Unha vez en lonxa, os prezos establecidos, a pesares de ser inferiores aos acadados no Nadal, permitiron aos produtores salvar a xornada. Con todo, o berberecho cotizou entre os catorce euros o quilo, o de mellor calidade e pouco máis dun euro e medio o de categoría máis baixa. No tocante a ameixa, a babosa vendeuse a preto de doce euros, a fina cotizou entre os corenta e tres e os catorce, segundo a categoría. Por último, a xapónica acadou os nove euros.

O patrón maior do pósito noiés espera que os prezos se manteñan en torno a estas cotizacións e alongar a campaña ata finais de marzo. Santiago Cruz informou que os bancos marisqueiros de O Freixo e A Misela permanecerán pechados desta volta, dado que nos vindeiros días teñen a intención de iniciar os labores de limpeza e semente de cría para acondicionados de cara a vindeira tempada.

Redacción Barbanza