Alumnos de Carril aprenden as manobras básicas da RCP

    reanimacion copia100.jpgVILAGARCÍA> Alumnos do instituto Miguel Ángel González, recibiron un curso de reanimación cardiopulmonar.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_REANIMACION_CARDIOPULMONAR.flv{/flowplayer}

    Recoñecer un paro cardíaco, ofrecer os primeiros auxilios á víctima e saber colaborar cos servizos de emerxencia, son os obxectivos deste curso de reanimación cardiopulmonar básica. Despois de hoxe, este alumnos terán as nocións básicas desta importante técnica, para colaborar cos profesionais e salvar vidas.

    O curso estivo dirixido a rapaces e rapazas de cuarto da ESO e do ciclo Animación de actividades físicas e deportivas. Todos eles estiveron supervisados por médicos ou enfermeiros do servizo de urxencias do Salnés e profesores de educación física do centro.

    Conscientes da importancia das manobras, os alumnos non perderon detalle das explicacións, que puideron poñer en práctica equipados con mascarillas e bonecos.

    Esta colaboración entre o Hospital do Salnés e o instituto de Carril remóntase a un ano atrás, cando introduciron ós profesores nesta técnica. A pesares de que en zonas como Cataluña esta é unha práctica frecuente, en Pontevedra é algo pioneiro.

    Dende o Hospital do Salnés aseguran que sería fundamental que todas as persoas tivesen algunhas nocións de reanimación, polo que esperan conseguir que este tipo de cursos se xeneralicen nos diferentes centros de Vilagarcía.

    Redacción Salnés