![]()
SALNÉS> O obxectivo é conseguir as mellores condicións na liquidación. Agora a conserveira depende do xuíz.
{flowplayer}images/salnes/XUIZ_ALFAGEME.flv{/flowplayer}
CCOO e CIG buscaron convencer ó xuíz para que mudara a súa posición inicial sobre as indemnizacións para os traballadores. Unha cantidade que, segundo os actuais administradores, se situaría na mínima establecida por lei. Os sindicatos tamén solicitaron que se favoreza na liquidación ós compradores dispostos a recolocar a plantilla.
Ambos sindicatos volveron aunar posturas nesta xuntanza, unhas xestións nas que non contaron coa participación da CXT, que continúa opoñéndose á negociación do ERE extintivo.
O venres pasado a CXT convocou unha nova concentración en contra da extinción dos contratos de parte da plantilla da fábrica de Vilaxoán. Unha medida á que non atopan sentido dende Comisións.
Despois da xuntanza deste mediodía, só queda agardar que o xuíz faga público o auto no que recolla as condicións que afectarán ó proceso de liquidación. Unha decisión que dende os sindicatos esperan sexa inminente.
Redacción Salnés










