Feijóo e Louzán piden no peche de campaña en Vilagarcía a mobilización dos afíns ao PP

    VILAGARCÍA> O Partido Popular de Vilagarcía despediu onte a campaña. Fíxoo con Rafael Louzán e Alberto Núñez Feijóo arroupando ao seu alcaldable, que o vindeiro domingo aspira a revalidar a alcaldía. Os presidentes provincial e autonómico pediron aos que ocupaban o Salón García catro anos máis para o rexedor Tomás Fole.

     

    Hai que ir casa a casa e voto a voto. Así animou onte o presidente do Partido Popular da provincia aos seus afíns. Rafael Louzán e Alberto Núñez Feijóo arrouparon ao candidato Tomás Fole na despedida desta campaña. Ambos dirixentes defenderon a xestión do actual alcalde, a pesares das dificultades económicas dos catro anos.

    O Partido Popular volveuse presentar como a única alternativa estable. Neste argumento xa insistía pola mañá Tomás Fole.

    Segundo o alcaldable popular, os programas de PSOE, BNG e EU acumulan contradicións entre eles. Cuestións impositivas, salario do alcalde e outras propostas que, segundo Fole, apuntan a un descoñecemento do concello.

    Tomás Fole recordou a situación na que, asegurou, atopou o concello no ano 2011. Insistiu en que a vila estaba mal en todos os ámbitos, problemas que o PP solucionou coa súa xestión.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/22/pp_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/22/pp_vilagarcia.mp4{/flowplayer}