Comeza a segunda fase das labores de recuperación do xacemento arqueolóxico da Lanzada

    SANXENXO> Os traballos de recuperación do xacemento da Lanzada comezaron este mércores. Un primeiro día de traballo, dos moitos que haberá ata o mes de novembro, data na que finaliza esta primeira fase. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva desprazouse ata o lugar onde se está a traballar, acompañada polo alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita e o Deputado de Innovación e Promoción Autonómica, Xavier Dios. 

     

    O xacemento arqueolóxico da Lanzada volve a estar de actualidade. Esta escavación, situada nun enclave privilexiado, é o epicentro dunha nova fase de recuperación patrimonial, que pretende delimitar cronoloxías e ampliar en 1.000 metros a zona de visitas.

    Estes traballos están enmarcados nunha colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e a Comunidade de Montes de Noalla. A escavación que comezou este mércores estará operativa ata o mes de novembro. 

    A zona en fase de recuperación estará aberta aos cidadáns ao fin de que se poidan ver en directo os labores dos arqueólogos e investigadores, nun xacemento que data dos VIII a. C. e X d. C.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/20/visita_carmela_escavacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/20/visita_carmela_escavacion.mp4{/flowplayer}