Deputados do PP esixen a Silva que continúe os proxectos iniciados por Louzán

    RIBADUMIA> Os deputados provinciais do PP continúan coa súa rolda de denuncias sobre o abandono da Deputación de Pontevedra aos concellos pequenos. Estes xoves Nidia Arévalo, Salomé Peña e Luís Aragunde acudiron ao entorno da senda peoníl da Pedra e da Auga en Ribadumia, e dende alí solicitaron o ente provincial que continúe os proxectos iniciados na anterior lexislatura, encabezada por Rafael Louzán. Os deputados de O Salnés, Luís Aragunde e Salomé Peña, visitaron o entorno da senda peoníl que inicia a Ruta da Pedra e da Auga, acompañados da voceira popular na Deputación de Pontevedra, Nidia Árevalo, para denunciar a situación de abandono na que se atopan as obras iniciadas polo anterior goberno da entidade provincial. Os populares presentaron unha moción por rexistro na Deputación de Pontevedra, na que solicitan un plan anual de acción para a conservación das sendas que se crearon na lexislatura de Rafael Louzán. Cabe recordar que a semana pasada os populares visitaron Moraña pola paralización dunha variante que estaba aprobada na anterior lexislatura. A voceira popular Nidia Árevalo recoñeceu que esta é unha denuncia máis, pero afirmou que non será a única, e que nos vindeiros días visitaran outros concellos que se atopen nas mesma situación de abandono, como ela mesma cualifica. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/sendeirismo_deputados_ribadumia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/sendeirismo_deputados_ribadumia.mp4{/flowplayer}