O orzamento vilagarcián do 2013 entrará en vigor neste mes

    VILAGARCIA> De esperpéntico; así cualificaron tanto goberno como oposición o pleno extraordinario de Vilagarcía

    {flowplayer}images/salnes/pleno_presupostos_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    …que se ven de celebrar en Ravella.

    Os insultos, as faltas á orde e as constantes leas entre os grupos que compoñen o pleno marcaron o caracter desta sesión na que se debatía un punto fundamental para o grosso da cidadanía, como é o orzamento xeral para este ano 2013.

    O equipo de goberno esforzouse para que estas contas públicas fosen aprobadas neste mes co gallo de que estivesen operativas a principios de ano; unha realidade que, segundo eles, foi a que motivou á oposición a interpoñer atrancos para a súa aprobación. O PP acusou á oposición de negar estes orzamentos por comodidade, sen expoñer alternativas constructivas ó mesmo.

    Pola súa banda, á oposición contestou que as súas argumentacións non foron escoitadas desde o primeiro momento; co que era un diálogo de xordos. PSOE e BNG coincidiron en denunciar o afán recadatorio destes orzamentos nos que se prima o aumento de taxas e impostos por parte do consistorio, como é a intención de recadar ata 250.000 euros ós veciños no segundo semestre do ano en concepto de aparcadoiro en zona azul.

    O outro eixo central desta sesión plenaria foi a aprobación do complemento salarial ós funcionarios que ate o de agora viña a complementar as pagas extra.

    Tras un recurso de reposición dos sindicatos CIG, UXT e CSIF e ante a falla de xurisprudencia ó efecto, o PP decidiu aprobar, a raíz dun informe de intervención e co apoio de IVIL e os socialistas, este complemento por entender que forma parte da masa salarial. Os grupos de esquerdas pretendían ir aínda máis aló e avogaban pola recuperación da paga extra ós funcionarios.

    Redacción Salnés