Reducir, reutilizar e reciclar, si. Pero con imaxinación

    VILAGARCÍA> Os que si saben de reciclaxe, e moito, son os rapaces do colexio de Rubiáns. O centro convocou un concurso familiar para dar novos usos a latas de conserva e de refrescos, que conseguiu reunir máis de 60 traballos. Os resultados son verdadeiramente sorprendentes.

     

    Como oen, os rapaces do colexio de Rubiáns teñen a lección ben aprendida.

    Como en toda boa lección, a teoría ten que vir acompañada da práctica. Por iso o colexio organizou un concurso para dar unha boa vida a latas de todo tipo.

    Ademais das latas, a imaxinación foi a protagonista do certame. No que participaron máis de 60 familias.

    Os pequenos demostraron que porta velas, xoguetes, bonecos ou lámpadas poden facerse con latas. Pero algunhas das creacións van un paso máis aló.

    Incluso grazas a este concurso, Rubiáns pode presumir de ter o seu propio Big Ben.

    Todas as pezas están agora expostas no colexio, aínda que a intención é que poidan saír das paredes do centro.

    O que queda claro é que a regra das tres erres: reducir, reutilizar e reciclar, é moito máis divertida se lle sumamos a i de imaxinación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/25/expo_cole_rubians.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/25/expo_cole_rubians.mp4{/flowplayer}