Balance de vendas negativo na campaña de Nadal

    SALNÉS > As asociacións de pequenos comerciantes da comarca quéixanse do volume de vendas na presente campaña de Nadal. Os presidentes das asociacións de Cambados e Vilagarcía recoñecen un incremento nas compras na última semana pero un descenso considerable respecto ás campañas dos anos anteriores.

    Pendentes aínda de facer as enquisas posteriores ó día de Reis entre os membros das asociacións de comerciantes, o balance das vendas este ano é bastante negativo. Os presidentes de zona Aberta de Vilagarcía e de Cambados Zona Centro coinciden en que, pese ó repunte da última semana, as vendas en Nadal e Fin de Ano foron bastante escasas.

    Os datos das asociacións non coinciden, en cambio coas previsións estimadas por parte da Federación Provincail de Comercio de Pontevedra, que lonxe de falar dun descenso das ventas fala dun incremento do 5,5 por cento respecto ó ano anterior.

     

    O que ben é certo, dende logo, é que as asociacións do que non se queixan é da súa actividade promocional que lonxe de diminuír este ano contou con intensas campañas e grandes promocións e agasallos.

    Redacción Salnés