A FECA pide a construción dunha autovía Vilagarcía- Catoira

    feca copia100.jpgVILAGARCÍA> Os presidentes da FECA e da CEP reuníronse esta mañá para tratar varios temas de interese para os empresarios.

    {flowplayer}images/salnes/FECA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    A FECA quixo insistir na importancia da execución dun tramo de autovía que uniría Vilagarcía e Catoira, destinada a mellorar as comunicacións dentro da comarca. Un proxecto para o que o presidente dos empresarios arousáns solicitou o apoio da Confederación ante a Xunta.

    A construción dunha autovía que unira Lugo con Pontevedra, a dotación de instalacións como gas e fibra optiva para os polígonos da provincia e a elaboración dun convenio coa Consellería de Educación para fomentar o espírito emprendedor nos institutos, foron outras cuestións abordadas na xuntanza. Propostas que foron ben recibidas polo presidente da Confederación.

    Despois do encontro, ambos presidentes realizaron unha visita á Autoridade Portuaria vilagarciá.

    Redacción Salnés