![]()
PONTEVEDRA> Os concesionarios enchen o recinto feiral cos modelos de ocasión, con descontos que chegan ata o 10%.
{flowplayer}images/salnes/POMOVIL_COCHE_USADO.flv{/flowplayer}
Máis de 350 coches de segunda man e ocasión, de variedade de marcas e modelos, ocupan os stands dos vinte concesionarios que asisten á segunda parte desta edición do salón do automóbil Pomóvil. Na súa decimoterceira edición, esta iniciativa supera a oferta doutros anos, con descontos que acadan ata o 10% do prezo de mercado.
Os concesionarios chegan a esta cita de Pomóvil coa esperanza de mellorar as vendas no sector, que na primeira quincena de novembro caeron nun 40%. Segundo a organización, os resultados conseguidos a semana pasada no salón do coche novo foron moi positivos, sen embargo espérase que o do automóbil usado mellore aínda máis estes datos.
A modalidade do Coche Usado e de Ocasión permanecerá aberta ó público dende hoxe ata o vindeiro 21 de novembro, cun horario de 10 da mañá a dúas e media da tarde e de catro e media a nove da noite.
Redacción Salnés











