Funerarias San Marcos inaugura en Meis un tanatorio ‘espectacular’ que mestura tradición e modernidade

MEIS> O concello de Meis conta dende o venres cun tanatorio de primeiro nivel. Funerarias san marcos inaugurou na vila un edificio que mestura unha fachada antiga cunhas instalacións modernas. Todo pensando para o maior confort das familias nos momentos máis duros.

Funerarias San Marcos continúan expandido a súa empresa e chegando cos seus tanatorios a máis puntos da comarcas de Pontevedra e os seus arredores. Este venres a compañía inaugurou en Meis o primeiro tanatorio da vila.

O Tanatorio de Meis foi creado nun edificio antigo, mantendo a fachada, pero modernizando todo o interior.

Todo pensando para que as familias pasen o dó nas mellores condicións posibles.

Para Meis, este tanatorio permitirá que as familias non teñan que desprazarse a outras vilas nos peores momentos.

O tanatorio foi construído en terreos da igrexa, dende funerarias San Marcos destacan a colaboración de Don José, o párroco da zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí