Un curso gratuíto para impulsalo aprendizaxe de inglés

    mozosivilcopy.jpgVILAGARCÍA> Esta é a iniciativa que veñen de pór en marcha as xuventudes de IVIL. Unha actividade dirixida a tódolos públicos e idades.

    {flowplayer}images/salnes/XUVENTUDES_IVIL_INGLES.flv{/flowplayer}

    The English Zone. Este é o nome da iniciativa que as xuventudes de IVIL, Independentes por Vilagarcía, veñen de por en marcha na capital do Salnés. Trátase dun curso de inglés gratuíto que pretende ofrecer ós veciños da cidade unha alternativa lúdica e formativa.

    Nun principio, o curso impartiríase unha vez á semana, en sesións dunha hora; aínda que segundo os organizadores, as xuventudes de Independentes por Vilagarcía, todo dependerá da demanda que rexistren. Pero en calquera caso, o que si deixaron claro é que é para tódolos públicos e para tódalas idades.

    Segundo as previsións iniciais, o curso comezaría dentro de dúas semanas. O problema que teñen nestes momentos é que non dispoñen dun espazo onde impartilas clases. Confesaron que lle solicitaron un aula ó concello pero que aínda están á espera.

    Non hai límite de prazas así que todos os que estean interesados poden poñerse en contacto con eles a través do seu perfil de facebook: ivil vilagarcía ou a través do correo electrónico info@ivil.es.

    Redacción Salnés