![]()
PONTEVEDRA> As fundacións Igual Arte e Camiño de Santiago, o concello de Mondariz Balneario e o falecido Saturno Valdés, foron os galardoados.
{flowplayer}images/salnes/premios_depu.flv{/flowplayer}
O Pazo provincial acolleu o pasado venres a gala de entrega de Premios á Cultura. Nun Salón de Actos abarrotado podíase ver unha nutrida representación do goberno galego. Os Conselleiros de Presidencia Alfonso Rueda e de Medio Ambiente Agustín Hernández. Tamén o de Educación Xesús Vázquez. Ao acto acudiron tamén a Presidenta do Parlamento Pilar Rojo Noguera, o Delegado do Goberno en Galicia Antón Louro e, representando ao Concello de Pontevedra, a Concelleira de Festas e Deportes Anxos Riveiro.
Na categoría de Proxecto Cultural mais innovador ou vangardista, a fundación Igual Arte saíu elixida polo uso que fai da música e a expresión plástica e corporal para esperar a curiosidade das persoas con dificultades apra o aprendizaxe. Na actualidade un centenar de familias benefícianse da súa labor.
Na modalidade de Traxectoria Cultural, o premio recaeu na Fundación Camiño de Santiago, á que se r4ecoñece a súa labor na difusión, revitalización e promoción da Ruta Xacobea portuguesa. A fundación conta con mais de mil socios.
O Alcalde do concello Mondariz- Balneario recolleu o premio dedicado á mellor iniciativa de Protección ou recuperación do Patrimonio Público, pola labor do seu concello no mantemento e rehabilitación do patrimonio e a súa aposta polo termalismo.
O Premio César Dios, “Diosiño”, foi outorgado a título póstumo a Saturno Luís Valdés González, ao que se lle recoñece seu gran esforzo para difundir e dignificar a música de bandas. Fundou o Círculo Musical en Lalín, dirixiu o Conservatorio e creou a Escola de Música da que hoxe saen centos de nenos formados musicalmente, na comarca do Deza. Recolleu o premio o seu fillo Manuel Valdés.
Todos os premiados, segundo o Presidente da Deputación Provincial, son representantes da defensa e o compromiso co noso patrimonio, orixe, tradicións e cultura.
Redacción Salnés







