![]()
SALNÉS> Tamén respondeu ás declaracións de CCOO e CIG, que acusaron á CXT de obstaculizar as negociacións.
{flowplayer}images/salnes/CGT_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
Dende a CXT non se recurirá as indemnizacións determinadas polo xuíz, senon que se continúa insistindo na viabilidade da conserveira, cando menos das fábricas de Ribadumia e Vilaxoan. Segundo o sindicato, a mellor opción é prolongar o ERE suspensivo, xa non existe ningún motivo que xustifique a desaparición de Alfageme e a extinción dos contratos das traballadoras. Por iso, levarán o caso ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A plataforma tamén saíu ó paso das declaracións de CCOO e CIG, que culpaban á CXT de romper a unidade sindical e impedir que se conseguira un acordo cos administradores concursais sobre as indemnizacións.
O sindicato anunciou que convocará novas mobilizacións para defender os postos de traballo e o tecido industrial da comarca. Para o que solicitaron a colaboración de todos os cidadáns do Salnés.
Redacción Salnés






