Aumentan a cinco os detidos na operación ‘Arma Floja’

    RIBEIRA> Catro dos detidos pasaron xa a disposición xudicial mentres que o quinto quedou en liberdade despois de prestar declaración. A Policía Nacional de Ribeira, nunha segunda fase da denominada ‘Arma Floja’, iniciada xa o pasado mércores, procedeu á detención de dúas persoas máis vinculadas co tráfico de estupefacientes na localidade, concretamente no centro da cidade e tamén no núcleo de Aguiño. Todos eles son veciños do municipio, tres homes e dúas mulleres, con idades comprendidas entre os 21 e os 28 anos. Nos rexistros realizados en varios domicilios os axentes da comisaría ribeirense lograron intervirlles, ó redor duns14 gramos de heroína, 17 de cocaína e 35 gramos de haxix e tamén diverso material entre o que figuraban tres pistolas, básculas para a pesaxe da droga, un quad, varias televisións e móbiles, así como uns tres mil cincocentos euros en metálico. A raíz das detencións realizadas puidéronse esclarecer tamén varios roubos rexistrados na cidade nas últimas semanas debido ós obxectos recuperados durante os rexistros. Catro dos detidos xa pasaron no día de hoxe a disposición xudicial e o quinto quedou en liberdade una vez que prestou declaración. Segundo informaron fontes policiais a varios dos arrestados cónstanlle numerosos antecedentes por delitos contra a saúde publica e contra a propiedade.