PONTEVEDRA> Fontes policiais informaron que o caso xa foi trasladado ó xulgado quen abrirá dilixencias ante a denuncia por inxurias.
{flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_MOZO_SONIA_IGLESIAS.flv{/flowplayer}
Na tarde do venres, o mozo da pontevedresa, Julio Araújo, rompía o seu silencia despois de tres meses da desaparición. A parella sentimental de Sonia Iglesias presentaba no xulgado de garda unha denuncia contra a nai da moza, a quen acusa de calumnialo cunhas supostas declaracións nas que implica ó seu irmán e a el mesmo na desaparición.
Segundo recolle a denuncia, Carmen Eirín llo asegurou a tres persoas do entorno de Araujo. Ademais, lembrou que o vehículo do seu irmán sufriu danos e pintadas que o acusaban de asasino.
En declaracións ós medios de comunicación, o Subdelegado do Goberno en Galicia non entrou a valoralo acontecido e engadiu que son os investigadores os que teñen que administrar toda a información referente ó caso e que deben ser cautelosos, prudentes e silenciosos.
Fontes policiais informaron que o caso xa foi trasladada ó xulgado quen abrirá dilixencias ante a denuncia por inxurias. A xustiza terá agora que chamar ás partes para ver se existen motivos que a xustifiquen. Louro lembrou que a investigación se segue facendo con tódolos medios coma desde o comezo.
Localizado en Combarro
O pontevedrés de cincuenta anos que estaba en paradoiro descoñecido desde o pasado sábado foi localizado esta mañá no mar en Combarro. Segundo informaron fontes policiais o corpo do home atopábase nunha zona de bateas. A Garda Civil encárgase agora do caso.
Redacción Salnés