UP Boiro disólvese e intégrase en Ciudadanos

    BOIRO> Baixo estas siglas teñen previsto concorrer xa ás próximas eleccións municipais. Como xa sinalaran nunha comparecencia anterior, a reforma da lei electoral que pretende aprobar o Partido Popular, que prexudicará ós partidos minoritarios coma o seu, foi unha das principias raazóns pola quel decidiron disolver o partido e pasar a integrar unha nova formación con proxecto a nivel nacional. Nos últimos meses mantiveron diferentes encontros con representantes de Cidadáns que finalmente frutificaron, levando á disolución de UP Boiro para integrarse na formación que dirixe Albert Rivera. Dende Cidadáns Galicia destacaron a importancia deste acordo que se verá refrendado nas próximas semanas coa constitución da Agrupación Barbanza deste partido, que pretenden teña presenza tamén no resto de concellos da comarca. Javier Chouza anunciou que nos próximos días ten previsto proceder á presentación da documentación correspondente no concello de Boiro para cambiar xa a denominación do partido para que se poida denominar grupo municipal de Cidadáns.