A Pousada de Armenteira estará inspirada no lume

    POUSADA_ARMENTEIRA copia.jpgPONTEVEDRA> O arquitecto do proxecto Pousadas-xardín do Salnés presentou o deseño do edificio de Armenteira xunto ó presidente da Deputación de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/pousada_armenteira.flv{/flowplayer}

    ‘Todo un acerto’. Así cualificou o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a Pousada- xardín de Armenteira. Será unha edificación perfectamente adaptada á topografía da zona, en lixeira pendente, funcional, con pedra do lugar, sen barreiras arquitectónicas e totalmente integrado no entorno. Será un complemento para o Mosteiro de Armenteira. Para a súa construción, expropiaron vinte e tres fincas de diversa extensión.

    En total suman 8.000 metros cadrados e tiveron un custo de 106.000 euros. Neste momento hai un cento de persoas creando cincuenta roteiros de sendeirismo, tamén adaptadas. Co proxecto Pousadas, revitalizarase o turismo do Salnés, seu Patrimonio histórico e os seus servizos, integrando as Pousadas co paisaxe e a topografía. Mauro Lomba, o arquitecto encargado da Pousada de Armenteira, pensou nos catro elementos.

    Tradición e modernidade daranse a man na Pousada de Armenteira, haberá espazos de ocio, piscina, parking e o restaurante cafetería terá acceso á xente non hospedada nalgunha das espectaculares vinte e seis habitacións.

    Redacción Salnés