![]()
CAMBADOS> O ex Garda Civil condenado polo asasinato de Mari Luz Posse recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a sentenza de 19 anos de prisión.
{flowplayer}images/salnes/APELACION_XUIZO_JAIME_MAIZ.flv{/flowplayer}
Despois de ser condenado o pasado mes de xuño a 19 anos de prisión polo asasinato de Mari Luz Posse, Jaime Maiz volveu a sentarse ante un tribunal, desta volta o Superior de Xustiza de Galicia. Ás dez desta maña a Sala do Civil e Penal acollía a celebración da vista para avaliar o recurso de apelación presentado polo seu avogado.
Alega que a noite na que Maiz deu morte a Mari Luz Posse, o home estaba en estado de shock, que non planificara con anterioridade o crime e que actuaba baixo os efectos do alcol. Son os mesmos argumentos cos que hai cinco meses intentaron convencer ó xurado popular que o condenou por asasinar dun tiro na cabeza á súa ex parella cando o ía denunciar no cuartel da Garda Civil de Cambados. Desde entón, Jaime Maiz cumpre a súa condena de 19 anos prisión no cárcere de A Lama, unha condena que se non conseguen que queda anulada tras esta apelación, cando menos, o seu avogado defensor intentará que se reduza.
Agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deberá determinar se o fallo da Audiencia Provincial de Pontevedra se axustou á lei e os feitos polos que foi xulgado se poden cualificar de asasinato. A deliberación dos maxistrados podería coñecerse nun prazo de cinco días.
Redacción Salnés










