A máscara deixa de ser obrigatoria pero a gran parte da veciñanza do Salnés prefire mantela

VILAGARCIA> Tras máis de 700 días, a máscara deixa de ser obrigatoria en interiores. Nas cafeterías, comercios e empresas o seu uso é opcional, aínda que é recomendando en determinadas ocasións como eventos multitudinarios ou ante a presenza de persoas con risco. No primeiro día sen obrigatoriedade, aínda hai moitas persoas e negocios que prefiren levala.

Despois de 700 días, a máscara deixa de ser obrigatoria en interiores. O real decreto aprobado polo goberno entrou en vigor este mércores. Era un norma que moitos agardaban pola mellora da situación sanitaria e tras preto de dous anos utilizando o cubre bocas. A veciñanza agradece esta media aínda que son poucos os que optaron por retirala.

A pesar de non ser xa obrigatoria aínda son moitos os que prefiren mantela por precaución.

O seu uso é opcional nas empresas, pero polo de agora bares e comercios prefiren mantelas por precaución.

Aínda que xa non é obrigatoria, hai situacións nas que se recomenda o seu uso: se es persoa de risco, se estás en presencia de persoas con risco e en eventos multitudinarios.