Innovadora terapia contra o cancro de pel

    terapiafotodinamica.jpgBARBANZA> O hospital comarcal do Barbanza leva preto dun mes aplicando un novo sistema de tratamento para determinados cancros de pel.

    {flowplayer}barbanza/terapiafotodinamica.flv{/flowplayer}

    A terapia fotodinámica está indicada no tratamento de carcinomas vasculares, a enfermidade de Bowen e queratoses actínicas.Trátase de lesións con especial incidencia na zona do Barbanza posto que o traballo tanto no mar como no campo implica unha prolongada exposición ó sol.

    A principal vantaxe é que a fototerapia só afecta ás células canceríxenas sen provocar dano algún nos tecidos sans cun resultado cosmético moito mellor que outras terapias. Ademais, o tratamento é moi breve e, no caso de reincidir, pódese aplicar tódalas veces que sexa preciso. 

    Molestias

    O único inconveniente é que a aplicación da luz pode resultar algo dolorosa para os pacientes. Para evitalo, no centro comarcal utilizan diversas técnicas, como a aplicación de frío, para minimizar as molestias.

    Esta terapia, que leva xa máis dunha década aplicándose no ámbito sanitario, presenta taxas de curación moi elevadas, en torno ó noventa por cento. Aínda así, tan só é efectiva en determinadas lesións non sendo apta para o tratamento dos melanomas.

    Redacción Barbanza