A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro venres día sete de outubro a representación da obra de Valle – Inclán “Tirano Banderas” a cargo da compañía madrileña “Tomás Gayo Produccións”. O antigo Cine Elma servirá de escenario para a representación da coñecida obra “Tirano Banderas” de Valle-Inclán, que terá lugar o próximo venres día sete ás oito e media da tarde. Esta adaptación teatral, que será representada pola compañía madrileña “Tomás Gayo Producciónes”, supón unha especie de crítca social ó poder dictatorial nalgunhas repúblicas hispanoamericanas que fora narrada por Valle trala súa viaxe polo continente americano. Para achegar esta función ata o concello pobrés foi preciso un orzamento de 7.000 euros aportados pola entidade financieira Caixanova, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña e o concello. Tódolos interesados en asistir á función poderán facelo de xeito gratuito ata completar o aforo do teatro contabilizado en trescentas prazas. A representación vén a supoñer un adianto da sétima edición das xornadas adicadas a Valle – Inclán que contarán con novas obras teatrais e diversas actividades. Ata o momento, o “Tirano Banderas” de Tomás Gayo xa percorreu varios teatros de España e Latino América, a pesar de que facía xa dez anos que non se representaba no noso país.
Inicio Barbanza - Muros - Noia