Rouban nunha bocatería despois de facer un burato nunha das paredes

    burato copia100.jpgPONTECESURES> Os ladróns levaron o contido da máquina de tabaco valorado en 700 euros.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBO_BOCATERIA_PONTECESURES.flv{/flowplayer}

    O roubo descubriuse ó redor das 6 da mañá, cando unha empregada do establecemento acudiu a abrir o local ó público. A pesares de que a porta non estaba forzada, atopar papeis tirados ante a máquina de tabaco fixo que sospeitase.

    Tamén remataron baleiras a máquina comecartos e a caixa rexistradora, que contiña unha pequena cifra de diñeiro. Os ladróns conseguiron entrar no establecemento a través dun burato que fixeron dende o exterior na parede traseira da bocatería.

    Despois de que empregada e propietaria deran a voz de alarma na Garda Civil, efectivos da Policía xudicial desprazáronse na mañá de onte ata o local para buscar algunha pista sobre a identidade dos ladróns. Sen embargo, os responsables non deixaron ningún rastro.

    O desta cafetería non é o primeiro roubo que se produce na zona. Hai algo máis dunha semana, uns ladróns entraron no Obradoiro de Emprego da localidade, e levaron material por valor duns 7.300 euros. Unha situación que comeza a crear inseguridade entre os veciños.

    Os veciños agardan que tanto dende os corpos de seguridade como dende o concello, se tomen medidas para procurar frear esta vaga de roubos.

    Redacción Salnés