Decenas de Vilagarciás achéganse a ver ao primeiro tren de mercadorías que atravesa a vila

VILAGARCÍA> Expectación en Vilagarcía co paso do tren de mercadorías polo tramo viario de Ferrazo. O ferrocarril foi o primeiro en atravesar a cidade polo novo tendido construído hai máis de 3 anos. Máis de dúas centas de persoas se achegaron á Rúa Valle Inclán para ver o paso do convoi.

Máis de dúas centas persoas achegáronse a rúa Valle Inclán de Vilagarcía para presenciar o paso do primeiro tren de mercadorías que atravesa a vila. A expectación foi tan alta que moi poucos puideron resistirse a achegarse a ver ó ferrocarril.

O paso do convoi era moi esperado na vila xa que as obras da vía de Ferrazo rematáronse hai máis de tres anos.

A veciñanza de Vilagarcía espera que agora o tren siga pasando e que sexa beneficioso para o Porto.

Para a operativa foi necesaria a coordinación da Autoridade Portuaria, a empresa Boluda, que promove a operativa para o tráfico de mercadorías; e Renfe. O tren chegou á vila pasadas as 11 e 40 da mañá e sairá as 20:00 horas. O paso do convoi implicou un curte de tráfico no tramo entre a rotonda do Ramal e o depósito de auga do porto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí