PONTEVEDRA> No Salnés, a praia da Concha e Compostela na última análise recibiron un informe negativo. Ó resto da tempada foron aptas.
{flowplayer}images/salnes/VIXIANCIA_SANIDADE.flv{/flowplayer}
Das cento noventa e unha zonas de baño analizadas neste estudo, e repartidas por vinte e oito concellos, o noventa e oito coma nove por cento foron cualificadas como aptas. Este é o resultado do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia, incorporadas no censo oficial.
Foi a xefa territorial da Consellería de Sanidade, acompañada polo Delegado Territorial, Xosé Manuel Cores Tourís, que presentou esta mañá os resultados.Segundo Ángeles Feijoo un balance moi satisfactorio.
No Salnés, a valoración final tamén foi moi positiva salvo nas praias de Compostela e a Concha que no último análise foron declarados non aptas para o baño. Pero engadiu que durante todo o período estival os resultados foron positivos. As outras praias do Salnés analizadas foron os areais de Canelas, o de campanario e o preguntoiro.
O proxecto consistiu na recollida de dez mostras de cada zona, unha realizada antes do inicio da tempada e as nove restantes cunha periodicidade quincenal desde o un de xuño ata o trinta de setembro. Todo co obxectivo final, tal e como explicou a xefa territorial de diminuír os riscos de contraer algunha enfermidade ó bañarse nas augas mariñas ou continentais.
Redacción Salnés