Os Deputados provinciais do PP non publicarán as súas rendas

     PONTEVEDRA> Os deputados provinciais de Pontevedra aseguran que a súa declaración de bens e patrimonio xa están a disposición…

    {flowplayer}images/salnes/publicacion_renda_louzan.flv{/flowplayer}

    … da información pública, tal e como se recolle na Lei a día de hoxe e para eles esa é a máxima transparencia. Así respondía o vicepresidente da Deputación José Manuel Figueroa ás preguntas dos xornalistas sobre se os deputados pontevedreses do PP ían a seguir as indicacións do seu xefe de filas galego, o Presidente do Partido Popular en Galicia e Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, de publicar as claras a súa declaración da renda. E é que a día de hoxe para acceder ós referentes á renda dos deputados provinciais de Pontevedra fai falla unha disposición xudicial; e desde o Goberno Provincial entenden que así se garante a máxima transparencia.

    Estas declaracións completaban a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno desta mañá na que o executivo provincial aprobou, entre outros asuntos, a posta en marcha dun proxecto para informatizas os Concellos da Provincia grazas a unha subvención europea que asumirá con fondos FEDER o 70 % do seu custe, sendo o 30 % do total achegado pola Deputación.

    Na xuntanza desta mañá, a Deputación de Pontevedra acordou tamén suspender o contrato de promoción turística “Coñece a túa Provincia” ó atoparse á empresa concesionaria Orizona en concurso de acredores.

    Redacción Salnés