O concello informará sobre a legalización de vivendas sen licenza

    legalizacionvivendas.jpgBOIRO> A revisión da Lei do Solo abre á porta á legalización daquelas vivendas que carecen de licenza.

    {flowplayer}barbanza/legalizacionvivendas.flv{/flowplayer}

    O concello de Boiro atópase inmerso en pleno proceso de revisión do PXOM. Na actualidade, o executivo retomou o proxecto trala paralización que supuxo a adaptación á nova normativa, co obxectivo de elaborar de contado un documento inicial que remitir á Xunta para a emisión dos informes pertinentes.

    Aínda así, existen numerosas vivendas que quedarían á marxe do ordenamento posto que foron construídas sen licenza. Os seus propietarios terán oportunidade de legalizalas nun prazo de dous anos nos que deberán realizar diversos trámites. Co obxectivo de axudarlles neste proceso, o concello de Boiro habilitará un servizo de asesoramento.

    Nestes días, emitirá bandos informativos polas distintas parroquias para que tódolos veciños que estean en disposición de legalizar as súas casa poidan ir preparando os trámites.

    Redacción Barbanza