A xuíza decreta o ingreso en prisión de Limón, suposto cabecilla da rede

    cama copia100.jpgVILAGARCÍA> Esta tarde, a operación efectuou unha nova detención. Xa son sete os detidos pola súa suposta implicación na rede de narcotráfico.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_CAMA.flv{/flowplayer}

    O que as investigacións sinalan como cabecilla dunha rede de narcotráfico a media e pequena escala na comarca, o vilanovés Sergio Rosales Fernández, coñecido como Limón, ingresou nos xulgados ó redor das once e media da mañá. Tras media hora de comparecencia, o home saía escoltado pola policía e esposado cara as dependencias da comisaría. Finalmente, a xuíza decretou o seu ingreso en prisión, e Limón foi trasladado ó mediodía por un furgón policial cara o cárcere da Lama.

    O segundo e o terceiro dos detidos tamén prestaron declaración no xulgado ó longo de toda a mañá. Ambos quedaron en liberdade con cargos. Ó longo do día de hoxe non se produciron máis comparecencias dos outros detidos no marco do operativo.

    Un dispositivo que esta tarde realizaba unha nova detención, a séptima da operación Cama, da que non se coñecen máis datos ó estar o caso baixo segredo de sumario.

    Estas intervencións están incluídas na segunda fase do operativo. A operación Cama iniciouse xa hai varios meses, cando a unidade de Tráfico Medio da Policía Nacional de Pontevedra detía a tres homes como supostos integrantes dunha banda dedicada ó narcotráfico. Na actualidade, dous deles están en prisión.

    Redacción Salnés