O BNG do Barbanza reivindica o uso correcto da toponimia

RIBEIRA> Son moitas as propostas formuladas polo BNG do Barbanza para conmemorar o mes das letras. Entre as máis reivindicativas destacan as campaña para o restablecemento da toponimia oficial nos concellos de Ribeira e Pobra. Tamén en Rianxo se acometerán diversas iniciativas relacionadas coas Letras Galegas durante a próxima semana. O día dezanove ademais o concello de Rianxo promoverá a creación dunha biblioteca galega na sede da fundación Xosé Afonso en Lisboa. O acto central será a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego o proio día 17. Haberá autobuses gratuítos que partirán ás dez da mañá dende Ribeira con parada nos catro concellos.