A ‘Operación Cama’ finaliza con sete detidos

    limon1 copia100.jpgSALNÉS> A rede, supostamente encabezada polo vilanovés coñecido como Limón, traficaba drogas en O Salnés, Vigo e Portugal.

    {flowplayer}images/salnes/RED_LIMON.flv{/flowplayer}

    A declaración dun veciño de Vigo de 31 anos ante a titular do Xulgado de Instrucción e Primeira Instancia número 2 de Vilagarcía, pechaba onte a Operación Cama. Un operativo que comezou o pasado mes de setembro e que conseguiu desarticular unha rede de tráfico de drogas a media escala na comarca do Salnés, Vigo e incluso Portugal.

    A Policía Nacional pecha o operativo con sete detencións, entre eles o suposto cabecilla do grupo, Sergio Rosales Fernández, un veciño de Vilanova coñecido como Limón. O pasado venres, a xuíza decretaba o seu ingreso no cárcere da Lama a pesares de que non tiña antecedentes. A pesares de que o golpe definitivo ó grupo foi a semana pasada co rexistro das vivendas que Limón posuía en Vilanova e Tremoedo, as detencións no marco da operación comezaron xa o pasado 3 de novembro.

    A operación Cama tamén remata con tres prensas, cinco básculas de precisión, dos portátiles e 31 teléfonos móbiles incautados. En canto ós estupefacientes, a Policía Nacional localizou nos diferentes rexistros 437 gramos de cocaína, 1051 de hachís, 61 de marihuana e 24575 euros en metálico.

    Redacción Salnés