Os parquistas de Carril lanzan a súa propia marca

VILAGARCIA> Os parquistas de Carril lanzan a marca “Almeja de Carril”. A agrupación de Vilagarcía rexistra o produto para garantir a orixe e a calidade do molusco aos consumidores. A asociación tamén presentou a imaxe da marca e novo logotipo dos parquistas.

A agrupación de produtores parques de cultivo de Carril foi creada fai 30 anos por 20 parquistas co obxectivo de xestionar, defender e coordinar os intereses dos seus membros, coa prioridade de crear novas sendas de futuro. A día de hoxe a agrupación está formada por 600 familias e a ameixa de Carril é un dos moluscos máis demandados do noso país. Para garantir a calidade e a orixe do produto os parquistas lanzan a marca “Almeja de Carril”

A imaxe destaca seus dous puntos fortes: A ameixa e Carril.

O slogan da imaxe é “máis de 500 anos de tradición”, un recoñecemento ao séculos do oficio de tódolos parquistas e os seus predecesores. Ademais os parquistas tamén renovaron o logotipo da agrupación.

Coas experiencias de turismo, a agrupación pretende fomentar o turismo na Ría de Arousa e en especia,l na localidade de Carril.