![]()
A ILLA > O goberno municipal da Illa aprobou en solitario un orzamento de case sete millóns de euros. PP e BNG botaron en falta investimentos …
{flowplayer}images/salnes/plenoilla.flv{/flowplayer}
A ILLA > O goberno municipal da Illa aprobou en solitario un orzamento de case sete millóns de euros. PP e BNG botaron en falta investimentos en infraestructuras e cualificaron as contas deste ano de pouco ambiciosas.
Os populares apuntaron algunhas actuacións que botan de menos neste presuposto, como as beirarrúas do instituto ou os sumidoiros do Bernal. Desde o grupo de goberno lamentouse que a oposición non fixese estas suxestións cando se lles pediu. O alcalde defendeu este como un orzamento de xestión.
A oposición tamén considera escaso o orzamento da Fundación Deportiva municipal e lamentou que non se tivese presentado antes na reunión dese organismo. O alcalde explicou que ademais da achega directa de 21.000 euros, o deporte local se verá beneficiado doutras partidas xenéricas do orzamento municipal.
Redacción Salnés









