A filosofía da feira de viño ‘Castes’ promociónase na Slow Wine Fair de Boloña

VILAGARCÍA> A filosofía da feira de viño Castes de Vilagarcía promociónase en Europa. O salón independente acaba de participar en Boloña na Slow Wine Fair, un escaparate que toma como modelo esa corrente que busca a volta ás tradicións das zonas vinícolas para ofrecer viños con personalidade e respectuosos co medio ambiente.

O movemento slow wine xurdiu hai cousa dunha década. É herdeiro da folosofía ‘slow food’, que promove un consumo responsable, de proximidade e o máis respectuoso posible coa contorna. En base a estes principios naceu a feira de viño Castes, que dende o 2017 se celebra en Vilagarcía.

Este xeito de vivi-lo sector vitivinícola levou a Caster a estar presente en Boloña nunha das pincipais feiras deste movemento, a Slow Wine Fair. O proxecto vilagarcián formou parte da representación galega que neste edición ocupou unha posición privilexiada.

E o seu paso pola feira centrouse na experiencia do sector galego, en concreto de como se coidan e recuperan aquí os solos, xa que esa cuestión era o eixo temático da edición deste ano.

A delegación galega aproveitou tamén o seu paso por Boloña para ofrecer varias actividades, que serviron tamén para promocionar os viños galegos.

Sito salienta a boa acollida que tivo en Boloña a proposta galega, nun espazo deseñado 100% para o público profesional. O responsable de Castes amósase satisfeito coa resposta que conseguiron. 

Un resultado óptimo que ten tamén o seu impacto económico. Grazas ao paso de Galicia pola feira, moitas adegas están agora en proceso de pechar novas vías de negocio.

Un balance positivo non só polo volume de negocio que se pode xerar a partir de agora, senón tamén pola presenza e perspectiva a curto prazo que conseguiu Galicia.