Ráchanse as negociacións para a formación dun cuatripartito en Cambados

    Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

    Luís Aragunde ten prácticamente todas as papeletas para repetir coma alcalde de Cambados. Nas últimas horas, os catro partidos políticos que tentaban artellar un goberno alternativo, racharon as negociacións, a priori, de xeito definitivo.

     

    CAMBADOS> O futuro político do concello de Cambados semella que se esclarece tra-los últimos acontecementos. Unha segunda xuntanza a catro, serviu para confirmar as posicións enrocadas de Cambados Pode e do Partido Socialista sobre quen debería ocupar a alcaldía nun hipotético goberno cuatripartito.

    Iso acabou por rachar, de xeito definitivo, aseguran,  as negociacións. Desta maneira, salvo un xiro radical dos acontecementos, Luís Aragunde seguirá á fronte dunha alcaldía na que o Partido Popular leva 28 anos.

    Nas últimas horas, PSOE, BNG e Somos Cambados emitiron un comunicado conxunto no que se amosan decepcionados pola postura de José Ramón Abal. Entenden que os 455 votos e un concelleiro que conqueriu Cambados Pode nas urnas non son un aval dabondo, e moito menos innegociable, para ocupar a alcaldía. Por iso, cúlpano de permitir un novo Goberno dos Populares, que foi o partido máis votado e quedou a 145 votos da maioría absoluta.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/c.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/05/rompese dialogo en cambados.mp4{/flowplayer}