A EI municipal de Vilagarcía celebra o entroido entre obras de arte

VILAGARCIA>  A escola infantil de Vilagarcía de Arousa convertida nun museo. O entroido chega a vila arousá e os máis cativos disfrázanse de cadros. As obras foron pintadas por eles mesmos.

Warhol, Picasso, Van Gogh… Os cadros destes grandes artistas paseábanse hoxe pola escola infantil municipal de Vilagarcía de Arousa. Os máis cativos celebraron a súa gala de entroido e a temática escollida este ano foi a arte. Os bebés disfrazáronse de pintores e o resto da escola de cadros. Pero tendo claro quen era o autor de cada obra.

Estes cadros levan o selo da comarca. Porque non hai mellor maneira que aprender desfrutando. Os disfraces foron creados polos escolares. Tras máis de un mes pintando, a escola lucía hoxe obras de arte por todas as parades.

A aposta por levar o arte ós máis cativos non remata aquí. Nas próximas semanas visitarán exposicións e artistas da comarca achegaranse a escola para pintar con eles.

As obras de momento quedarán na escola, pero quen sabe se no futuro veremos cadros nos grandes museos creados por unha ou un arousán. Polo de pronto, xa demostraron que son uns grans artistas.

Comments are closed.