O PP presenta unha proposta non de lei para que se instalen quitamedos máis seguros

    quitamedos100_100508.jpgVILAGARCÍA > O PP de Galicia, a través do seu voceiro no parlamento Manuel Ruiz, anunciou na sede local do partido en Vilagarcía o rexistro dunha proposición

    … non de lei para instar á Xunta de Galicia a colocar os gardaraís que recomenda a comisión europea. Ademáns o PPdeG tamén conseguiu constituír unha comisión de seguridade viaria onde se tratará esta problemática que comezará a funcionar proximamente.

    O partido popular de Galicia responsabiliza á consellería de Política Territorial de ignorar as recomendacións da normativa europea con respecto á colocación de gardaraís máis seguros Unha problemática que xa se cobrou a vida de 40 motoristas, 17 no que vai de ano. Os populares solicitan a instalación dos novos quitmedos nas estradas de nova construcción , a autovía do Salnés ou a variante nova de Vilagarcía.

    Tanto a deputada popular, Marta Rodríguez como o voceiro parlamentario Manuel ruíz rexistrarán unha proposición non de lei para que a Xunta lle faga fronte a este problema Pola súa banda , o voceiro parlamentario explicou que a necesidade de instalar quitamedos dobres, abalados pola normativa europea, que aseguren a prevención nos accidentes de tráfico dos motoristas, sobre todo nos denominados puntos negros

    O Partido Popular conseguiu no Parlamento de Galicia formar unha comisión de seguridade viaria para tratar ente outras, esta problemática que comezará a funcionar proximamente. En dita comisión os representantes dos motoristas poderán expresar as súas reivindicacións.

    Redacción Salnés