A ILLA> A Illa de Arousa espertou esta mañá con preto de 500 metros de costa con manchas de fuel. A situación activou ás alarmas dos equipos de emerxencias que peitearon toda a costa da Illa e os concellos próximos para asegurar que non había máis manchas. Todo fai indicar que os restos de combustible proviñan dun barco que tivo unha emerxencia e que se atopa nestes momentos no porto de Vigo.
Xusto 20 anos despois do desastre do Prestige, o medo volve a invadir a costa galega, concretamente á Illa de Arousa. A praia do Campo amenceu cunhas manchas de fuel o que provocou que se activaran as alarmas na vila.
Ao detectar que se trataba de combustible, os equipos de emerxencias saíron por mar e aire para comprobar se o fuel chegara só á praia da Illa ou se había máis restos polo mar ou noutras vilas.
Os equipos de emerxencias atoparon algunha mancha máis pequena nalgún outro punto da Illa, pero non no resto dos concellos ni en mar aberto. Polo momento descoñécense os motivos desta vertedura pero hai unha investigación aberta a un barco que se atopa atracado en Vigo.
Ao longo da mañá os operarios do concello encargáronse de retirar os restos e de limpar as praias. Dende a Illa lamentan que non recibiran máis axuda.
Os restos retirados atópanse agora mesmo no campo da zona de Testos. Ao tratarse de combustible será a consellería a que se encargue do seu traslado.