![]()
BARBANZA> A vaga de frío ten as súas consecuencias máis negras nas estradas. O xeo que se forma na calzada provoca saídas de vía e accidentes.
{flowplayer}barbanza/reportaxevagafrio.flv{/flowplayer}Por esta razón é preciso extrema-las precaucións para evitar accidentes como o acontecido a última hora da tarde do xoves en Ribeira. Unha muller de setenta e dous anos perdeu a vida ó ser atropelada cando cruzaba nunha curva de escasa visibilidade na avenida de Ferrol.
Para evitar accidentes, a Dirección Xeral de Tráfico e os servizos de emerxencias fan unha serie de recomendacións non só para os condutores senón tamén os peóns que deben vestir prendas reflectantes e cruzar polos pasos habilitados.
Recomendacións que deben ser tidas en conta á hora de transitar polas estradas e beiravías que, por mor das placas de xeo, presentan constante risco de esvaramento.
Sistemas de calefacción
Outra das precaucións derivadas da vaga de frío refírese ós sistemas de calefacción que deben estar en perfecto estado e pasar as revisións pertinentes.
A pesar da drástica baixada das temperaturas, no parque de bombeiros de Ribeira no teñen rexistrado un incremento importante de incidencias. Malia todo permanecerán en alerta para atender posibles incidentes ata que remita o temporal.
Redacción Barbanza








