O concello acorda por unanimidade a oferta presentada por Vista Real

    OFERTA_PAZO_VISTA_REALcopy.jpgVILANOVA> Así o acordaron onte en comisión de goberno. Non adiantaron a cantidade coa que poxan pero confesaron que é unha oferta xusta.

    {flowplayer}images/salnes/OFERTA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    Tras recibir o informe do arquitecto municipal, de taxadores independentes e a intervención e asesoramento da secretaria do concello, onte os portavoces dos grupos da corporación municipal de Vilanova reuníanse para decidir a oferta que ían presentar para a adquisición do Pazo de Vista Real.

    Así o explicaba esta mañá o alcalde da localidade antes de desprazarse ata a Vilagarcía para entregar na oficina da Axencia Tributaria a oferta en sobre pechado para participar na subhasta.

    A cifra exacta non a quixeron desvelar e non o farán ata a vindeira semana cando se faga pública a acta da sesión e remate todo o proceso. Pero adiantaron que se trata dunha oferta xusta.

    O vindeiro nove de decembro é a data na que a Axencia Tributaria procederá á adxudicación do inmoble á mellor oferta. O alcalde informou, ademais, que se trata dunha cantidade que responde a unha media entre tódalas taxacións e que se decidiu por unanimidade.

    Na mesma comparecencia, Durán informou que xa comezaron as obras da primeira fase na Molineira nunha marxe da estrada.

    Redacción Salnés