O Trofeo Presidente da Xunta decídese esta fin de semana en Sanxenxo

mastervela copia.jpg SANXENXO> O Corte Inglés Master de Vela será a cita que porá o broche de ouro ó trofeo tralas probas de Coruña e Baiona. Comezará o venres, e nel volverá a tomar protagonismo a vela lixeira coa disputa do Campionato de España de Catamaráns.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_REGATA_CORTE_INGLES_110912.flv{/flowplayer}

Máis de 150 embarcacións daranse cita esta fin de semana na ría de Pontevedra para disputar O Corte Inglés Máster de vela. A regata porá o broche de ouro ó Trofeo Presidente da Xunta e nela coñeceranse ós vencedores do título. Comezará o venres. Ás catro da tarde está prevista a saída dos cruceiros ORC, para os que a organización situou o campo de regata na Lanzada.

Ademais dos cruceiros, a vela lixeira volverá a recuperar protagonismo coa celebración do Campionato de España de Catamaráns – Gran Premio Conservas Cuca, que volve ó Máster despois da experiencia da primeira edición. Serán preto de 80 barcos, divididos en catro categorías, que competirán nun segundo campo de regatas habilitado fronte ó Club Náutico de Sanxenxo. Outro dos reclamos da cita será a presenza de regatistas olímpicos e preolímpicos.

Redacción Salnés