A FED celebra a XII edición do Congreso do Día do Autónomo

    foto_congreso_FED_100.jpgSANXENXO> A Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia organizou o XII Congreso do Día do Autónomo.

    {flowplayer}images/salnes/congreso_FED_autonomos.flv{/flowplayer}

    Foi inaugurado polo Director Xeral de Promoción do Empreg, Andrés Hermida quen anunciou que a Xunta investirá 175 millóns de € no Plan de Emprego Autónomo.

    O Congreso do Día do Autónomo, en Nauta Sanxenxo, consistiu nunha xornada con varias ponencias e mesas redondas nas que se trataron temas de actualidade relacionadas co colectivo.

    Medio millón de autónomos estiveron representados neste congreso, que contou ca asistencia de organizacións galegas, catalás ou castelás. Ao termo do Congreso tivo lugar unha comida de confraternidade.

    Máis de tres mil autónomos de Galicia recibiron este ano as axudas da Consellería de Traballo e Benestar para o desenvolvemento da súa actividade profesional. O director xeral de Promoción do Emprego, que inaugurou o décimo segundo Congreso do Día do Autónomo, indicou que a aposta da Xunta polo traballo autónomo atopa o seu maior exemplo, dixo, na elaboración do Plan de Emprego Autónomo e Emprendedor, 2010- 2013. Este Plan contará cun investimento de case cento setenta e cinco millóns de euros.

    A iniciativa está a ser analizada na Mesa do Autónomo, para a súa aprobación. O Plan definirá medidas para o apoio aos traballadores e traballadoras autónomas en tres fases fundamentais: a toma de decisión emprendedora e a súa materialización efectiva O apoio ao inicio da actividade e O asesoramento técnico, xerencial e financeiro na consolidación empresarial e seu crecemento.

    Estas subvencións farán incidencia nos aspectos da formación dos emprendedores e na contratación do primeiro traballador por un autónomo.

    Na actualidade, o número de persoas afiliadas por conta propia á Seguridade Social en España, representa un dezasete por cento, mentres que en Galicia representan case o vinte e tres por cento. A cifra de traballadores autónomos, supera os dous centos trinta e dous mil, é dicir, un de cada catro traballadores afiliados á Seguridade Social en Galicia, pertencen a este colectivo.

    Redacción Salnés