Esperanza Salnés recibirá toda a recadación dun novo torneo solidario organizado no campo de Meis

MEIS>  O campo de golf de Meis acollerá un torneo solidario en beneficio da asociación Esperanza Salnés. Todo o recadado irá para este colectivo, que leva tempo atravesando unha situación económica crítica. A proba vai ter lugar o vindeiro día 15.

Organizado pola Fundación Monte Castrove, nace un torneo solidario de golf a beneficio dun colectivo social. Trátase do primeiro evento deste tipo no campo de golf de Meis que destina á causa todo o recadado.

O torneo vai ter lugar o vindeiro día 15 deste mes nas instalacións do campo de golf de Meis. Conta coa colaboración do Club Chan do Fento. A Mancomunidade do Salnés patrocina o evento, co obxectivo de potencia-la súa acción social.

Nesta primeira edición, todo o recadado irá para Esperanza Salnés. Calcúlase que entorno a 3000 – 4000 euros. O colectivo, segundo explica a súa nova presidenta, leva tres anos recorrendo a financiación para continuar coa súa actividade.

Os organizadores contan con reunir a uns 120 xogadores na proba. Os socios do club terán que pagar unha cota de 20 euros e os non socios, de 30.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí