As festas de San Roque en Vilagarcía deixan 39 toneladas de lixo

VILAGARCÍA> As festas de San Roque deixaron 39 toneladas de lixo en Vilagarcía, unha máis que o ano pasado. A noite do 15 ó 16 foi o momento no que se xerou o maior número de refugallos. Dende o Concello salientan a rápida intervención do servizo de limpeza para que a cidade puidese ofrece-la súa mellor cara.

As Festas de San Roque enchen Vilagarcía de xente e xoldra, pero tamén de refugallos. Durante esta edición dos festexos acumuláronse ata 39 toneladas de lixo.

Así e todo, dende o Concello salientan a rápida actuación do operativo de limpeza, no que participaron 75 persoas. Este ano, ademais, coa novidade de que se fixo unha recollida selectiva do lixo.  A recollida de plásticos, por exemplo, incrementouse en 1.700 quilos.

Dende Ravella salientan que, en comparativa con outras edicións, a xente estivo máis concienciada co respecto á contorna, depositando o lixo nos colectores e respectando, din, o que é de todos. Cren que a Festa da Auga recuperou o seu espírito máis familiar.

O goberno local tamén se felicita polo dispositivo argallado na praza de Galicia para evitar que os novos xardíns se visen danados pola multitude de festeiros.