Vilanova adxudica o proxecto do futuro Teatro Valle Inclán

    duran_a_100.jpgVILANOVA> O Concello de Vilanova ven de adxudicar a redacción do proxecto do futuro Teatro Valle Inclán por valor duns 57.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/charpo_teatro.flv{/flowplayer}

    Agárdase que este deseño vangardista estea rematado dentro de tres meses. Este orixinal inmoble estará situado no mesmo lugar que o antigo cocedoiro de Charpo, no lugar da Basella. Para este enclave privilexiado no caso urbán de Vilanova e preto do mar, desde o Concello convidaron a tres empresas de arquitectura e deseño, aceptando finalmente unha proposta que outorgará unha importante modularidade ó edificio.

    Unha vez que se conte co deseño definitivo deste inmoble, este executivo local asinará un novo convenio de colaboración ca Consellería de Cultura e ca Deputación para buscar financiamento para a súa execución. Antes diso toca derrubar o antigo cocedoiro, algo que será posible grazas a un novo acordo entre o Concello e Portos de Galicia, que podería facerse efectivo a finais do vindeiro mes de xaneiro.

    Ó respecto do caso Charpo, ás ex- traballadoras desta empresa do Clan dos Charlíns veñen de presentar unha queixa ante a Defensora del Pueblo, para na liquidación dos bens incautados a esta familia se lle de prioridade ó pagamento das súas débedas por salarios, indemnizacións por despido e polos intereses xerados.

    Redacción Salnés